Ao fin de seguir ampliando o modelo consagrado co programa XOGADE, permitindo a extensión e promoción da práctica deportiva e de activade física entre os escolares de Galicia, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en exercicio das súas funcións de promoción, ordenación e organización do deporte en idade escolar na Comunidade Autónoma, mplementa un novo programa, o Bono deporte, que ten por finalidade axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas de 6 a 16 anos.
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 120€ que se poderá descontar nos distintos establecementos comerciais participantes e que se identificará co distintivo da campaña.
Cada beneficiario disporá dun único bono para menores de 6 a 16 anos nas condicións desta orde, que poderá utilizarse nun ou varios dos establecementos adheridos ao programa. Cada bono terá un valor de 120€ e terá a consideración de bono desconto do 80% da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada (IVE incluído).
Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia